Implantación de tramos libres sen morte
O nacemento da “Asociación Galega de Pesca Tradicional”
ten que ver coa continua implantación de novos tramos de río que se veñen
sucedendo un ano tras outro nos ríos de Galiza, na modalidade de tramos de
pesca sen morte, promovidos por AEMS, do mismo xeito, apoiadas por
algunha organización ecoloxistas e outorgados pola Conselleria de
MedioAmbiente, lévanos ao nacemento como Asociación para dende éla
defender o dereito a exercer a pesca fluvial de xeito líbre e ao mesmo tempo
revindicar a devolución dos tramos de río roubados por esta modalidade de
pesca a tódolos pescadores tradicionais e riveireños… por elo contamos co
teu apoio e afiliación como membro de dita organización co fin de loitar
contra este modo de xestionar a pesca fluvial que o único que consigue é
expulsar a centos de pescadores galegos dos cursos fluviais de galiza.
De outro xeito denunciar o constante maltrato, deterioro e abandono
que está a sufrir a vida dos nosos ríos.
En próximas datas levaránse a cabo asambleas informativas para dar
conta das nosas actividades neste e outros contidos, así como definir as
accións de futuro maís inmediatas, para o que contamos co teu apoio e
participación.

