Nos últimos anos veñense dando situacións anómadas sobre o libre exercicio pensamos, da practica da pesca fluvial nos cursos dos rios galegos, marcadas polo carácter restrictivo, dos que oportuna i puntualmente gobernan o pais, guiados éles polos distintos sectores da sociedade con intereses economicos dentro do mundo e parte da economia que move o sector da pesca fluvial en Galicia.
Claro esta que nos referímos a accion de pesca Tradicional .. a de toda a vida a que nos trasmitiron os nosos Abós e Pais, a modalidade que existe desde os tempos mais atigos ata hoxe… si o remediamos, poderemos seguíla praticando e trasmitindoio tamen nos aos que nos sucedan.
Dende os Gobernos de turno veñennos impoñendo cada vez mais trabas mais pegas e normas prohibitivas.. por medio de explicacións vagas e incompletas con carencia de veracidade das razóns de peso, istas sin criterio cientifico coñecido, polas que se estima necesario tales prohibicións, amparadas segúndo iles por leis confecionadas por iles a medida dunhos intereses creados polos propios interesados para que a pesca vaia e se mova porises derroteiros.
De seguirmos aturando iste comportamento e actitude que teñen tanto a Administración como certos sectores da sociedade , que vestidos de verde e osbstentando a bandeira de Salvadores do planeta , veñen a ensinarnos que iles son os que fan que a pesca fluvial sea sostible.. e siga existindo, sendo soio viable segundo iles si mudamos as nosas costumes de aproveitamento do recurso abandonando actitudes calificadas poristes sectores da sociedade como Equilmadoras do referido recurso , sinalandonos como que os que practicamos a pesca extractiva non respeitamos as normas e somos en definitiva practicantes e promotores do furtivismo, definindo literalmenente que iso é a pesca tradicional.
Apesca fluvial esta definida como un recurso renovable… Si se cumplen unhos
parametros de calidade e sustentabel do medio no que se move a vida acuatica, mediante o coidado e perservación do medio fluvial, dito recurso sera sin dubeda renovable.
Recoñecese pois que para definir e regular o aproveitamento do recurso de xeito que se garante a sua sustentavilidade, e necesario que existan normas, leis e cantas directries se consideren necesarias, asi como unha atención continuada no trancurso do tempo a ise medio, mediante estudos de carácter xenerico e concretos segundo as necesidades de cada intre que isa vida natural o requira.
Nos, os pescadores tradicionais que practicamos a pesca fluvial nos rios de galiza,
queremos ser e de feito somos conscientes de que é necesario cumplir as normas de
aproveitamento en acción de pesca, pero ao mesmo tempo reclamamos que non se nos limíte o espazo de actuación , pola simple causa de apartarnos de moitos klm de ríos coa excusa da sustentavilidade… coma si fosemos nos os culpabeis de que a poboación piscicola estie oxe nas condición nada optimas debido a accion de pesca estractiva nises tramos fluviais, por nos exercida.
A xestión do recurso non poderá basearse, nunha simple comparecencia oportunista dunha parte da sociedade que se ergue como detractora do tradicional para favorecer ao seu modo, de aproveitamento, dicese “nada lesivo” para a poboación piscicola. Si o recurso é renovable por si mesmo, soio habera que tralos estudios necesarios determinar as normas de aproveitamento que ises estudios aconsellen….
Non estará enton xustificado as determinacions que se tomen obviando tales estudios, soio xustificados polo feito de considerar un modo mellor que o outro
respeto a sua explotación . Crear si non o esta xa creado o sistema de protección necesario para garantir a existencia no futuro, sera a tarefa mais necesaria a que se enfronte calqueira goberno, de modo que disfrutemos todos e cada un de nos do aproveitamento dise recurso mediante a creación dos escenarios que contemplen e o mesmo tempo permitan libremente exercer o dereito ao uso de todolos treitos fluviais, por cada individuo sexa amodalidade que sexa , sin impidimento legal mais amplo que o de respetar unhas normas xenericas e concretas en cada un dises tramos fluviais.
Lexislar prohibindo, non sera nunca o mellor modo de educación e concienciación social, para que nos guie aos individduos cara unha actitude de respeto e coidado do
medioambiente.Non se trata enton, de impoñer modos , criterios ou costumes , nin facer agravios comparativos con outras comunidades, parece que non con outro obxetivo de xustificar a continua Implantación de tramos libres sin morte para parecernos a isas comunidades e soio co pretexto do aumento do turismo como xenerador de riqueza, sacrificando para elo a cultura tradicional que nos trasmitiron nosos antepasados… que dito sexa de paso … nunca sigñificou a decadencia da riqueza piscicola no noso pais.
En cada un dos ríos galegos , deben as normas respetar e darllela oportunidade a cada unha
das tendencias e modalidades de pesca, sin perxuizo de que por razons de peso e
xustificadas polos estudos pertinentes aconsellen restriccións , co unico fin de recuperar o
recurso, rtestriccións que deberian ser de carácter transitorio, pois e de creer que en ditos
rios se restablecerán as poboacións piscicolas obedecendo a que o recurso é netamente
renobvable en condicións optimas de calidade da sua auga.
A liberdade dos individuos non consistirá, nunca en maltratar o medio, nin tampouco en
menospreciar as normas lexislativas regulamentariamente establecidas, na sua practica,
que consistira en exercer un arte, o arte de Pescar.
Deben pois as Administracions, con competencias en materia de pesca fluvial,calidade da
auga e perservacion do medio, dotarse das ferrramentas necesarias co fin de garantir a
supervivencia natural das especies Autoctonas , que oxe non estan exentas de agresions a
ise medio que habitan e non precisamente pola man e actuación do home en accion de
pesca.
Si pasamos a enumerar e desenrrolar, por orden de incidencia directa e grao de afectacion a
progresiva regresion da poboacion piscicola pasaremos inevitablemente, por :
1/:CALIDADE DAAUGA
2/:ESPECIES EXOTICAS INVASORAS- DEPREDADORES ALOCTONOS
3/:OBSTACULOS DE REMONTE INFRANQUEABLES
4/:ESFORZO E PRESIÓN DE PESCA.
1/: CALIDADE DA AUGA:Non fai falla ser nostalxicos pero si lembrar a epoca de
riqueza piscicola que estaba directamente relacionada coa nula ou escasa presencia de
contaminacion acuicola, anulada pola desordenada actuación en materia de verquidos e
posterior abandono das construccións depuradoras dos saneamentos do territorio….
2/:ESPECIES INVASORAS:Introducidas algunhass, pola man dos homes e migracions
por parte sobre todo de especies como o CORMORAN GRANDE, Habitante do mar
habitualmente que vimos denunciando dende fai xa vinte anos…. E que inda non esta
rematado un plan de descaste diste paxáro insaciable que come todo canto quere e encontra
a sua disposicion en todo-los cursos fluviais de galiza e que pola contra goza de
protección como especie descatalogada das especies cazables en España… Outras como o
Visón Americano… unha victoria de liverdade e liveración dalgunhas Organizacións
Ecoloxistas, que tras seren liverados das granxas de explotacion asentaronse nos rios
galegos…
3/:OBSTACULOS: Cosiderense Naturais e Artificiais, sendo istes últimos os mais
salientables , que caben enumerar: as Centrais electricas, que sistematicamente incumplen
o mandato legal establecido sin que ninguen denuncie tales infraccións, sendo istas as
culpabeis de que moitos cursos fluviais das catro provincias galegas estian oxe exentos de
poboación piscicola determinada como é o Salmon Atlantico e a Anguía Europea aos que
pola imposibilidade de remontre non sexan capazes de cumplir o seu ciclo bioloxico
natural.
4/:ESFORZO E PRESIÓN DE PESCA:Nesta posición estamos nos …os homes e mulleres
que se nos ocorrreu coller unha cana de pescar nos botamos aos rios galegos a practicar o
arte da pesca…. Somos os que estamos a pagar as consecuencias de todolos males
anteriormente citados ..aos que nos cargan coa culpa da merma na que esta envolta a
poboacion piscicola… aos que se nos obriga a sair dos rios galegos para que os señores
vestidos de verde campen as suas anchas pola xeografia fluvial… pois segundo istes
previlexiados o posible Exforzo ao que sometemos a pesca esta a acabar coa poboación
piscicola.
En consecuencia, a pesca tradicional , á que se pretende por iste sector minoritario relegar
e suprimir dos cauces fluviais polo metodo de creacións masivas e sin control dos
denomindos tramos de CAPTURA E SOLTA (QUE NON PESCA SIN MORTE)…Tramos
que no 2017 ERAN LIBRES, e que sistematicamente e ata a data naque estamos se veñen
impoñendo sin estudios previos que avalen tales medidas .

