A pesca fluvial e o codigo de boas prácticas

Entendendo por pesca, como a acción de sacar un peixe do seu medio, e
xestionalo adecuadamente segundo a normativa vixente, entenderemos esí que
ista acción chamase Pesca Tradicional, e non tendo mais obxeto que o de
cumplir as normas regulamentariamente establecidas, sirva iste
comportamento como acto de boas practicas , sin que isto quede relegado por
outros xeitos de entender a Pesca, enredando con nomes e definicións
engañosas ou puritanas da pesca en sí , que ultimamente dende algun sector
ecoloxista e a ONG denominada AEMS rios con vida, intenta introducir no
noso vocabulario…. Un vocabulario engañoso, co seudonimo de “Pesca sin
Morte “ .
Tal definición da acción de pescar , non existe, si non soio no pensamento dos
que conforman istes colectivos, que de xeito reiterativo e intransixente amosan
todolos anos a intención de apartarnos dos cauces fluviais aos homes e
mulleres que con unha cana de pescar sacamos peixes da auga e os levamos
para a casa cando procede levalos… Dito isto, a modo de aclaración do
cumplimento, das normas anuais de pesca, editadas pola Xunta de Galiza coa
mediacción da sua Consellería correspondente, non faeria falla complicarlle- la
vida a xente do rural a xente humilde que soio busca un poucco de sosego e
disfrute mediante a acion de pesca e o contacto coa Natureza, respetando as
normas sensatas e con bases cientificas nas que se asenten os fundamentos de
cantas medidas restrictivas, sexan sinonimoss de Recuperación do Recurso
renovable da Pesca fluvial.
A Pesca sin Morte non existe como tal , pois fica fora de todo concepto
definitorio, como todo aquilo que non outorga a posibilidade de comprobación
a posteriori dos resultados do que se debería definir como o que en realidade é:
(Captura e Solta).
Chegados ata eiquí, deberian en primeiro lugar ,a Administración competente
en materia de Pesca Fluvial seguindo polas Asociacións dicesenche chamar
Conservacionistas, .. Cambear o nome co que se define a sua modalidade de
pesca , pasando a chamarlle como de verdade se merece tal acto: ¡Captura e
Solta!
E agora cando cada quen poida ser libre de Pescar e levar… Capturar e Soltar,
poñamonos a cumplir as normas que a Administración edita co aval dos
estudios previos de campo preceptivos que xustificaran ditas restriccións de
xeito transitorio ata a recuperación do medio e as suas poboacións. A
verdadeira xestión eficaz que xustifique a modificación do sistema de
aproveitamento dun tramo fluvial, debe vir precedida sempre do estudo e
analise previo a tales modificacions que se estimen necesarias, e que deben ser

istas as que marquen o camiño a seguir, e non as continuas ocurrencias de
AEMS rios con vida, que o unico que aportan é a expulsión dos maiores dos
rios galegos. A pesares de levar xa unhos anos co iste sistema de xestión da
pesca fluvial, baseado na prohibición da pesca tradicional, non se consigue un
verdadeiro avance na recuperacion de especies piscicolas, sinon que sigñifica
un crecemento acelerado da intervencion negativa das especies invaroras
aloctonas que xunto con outros factores , como a calidade da auga sique
merman profundamente ditas poboacións.
Queria non deixar no tinteiro o noso agradecemento a Conselleria de Medio
Ambiente iste peculiar xeito de coidar o benestar social dos nosos maiores ..
porun lado prohibindonos a pesca en miles de klm de rios, e poroutro
remitindonos ao noso domicilio a nosa Licenza gratuita de pesca, depois de
liarnos con unha expedicion da mesma un pouco complicada… Moitas grazas
señora conselleira , pero poderiame voste facer chegar a explicacion
entendible de ¿Para que quero a Licenza de Pesca si me prohibio pescar no rio
que pasa ao ladiño da miña casa?
Solicitolle a nova xunta de galiza, un codigo de boas practicas.